• Por comunidades autónomas, a distribuidora instalou xa máis de 1,2 millóns de contadores en Galicia; preto dun millón na Comunidade de Madrid; 488.000 contadores en Castela-A Mancha e 281.000 contadores en Castela e León.

Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, superou a cifra dos tres millóns de contadores intelixentes domésticos instalados, é dicir, o 83% do parque de equipos, dos que máis do 96% están xa efectivamente integrados no sistema de telexestión.

Por comunidades autónomas, Unión Fenosa Distribución instalou xa máis de 1,2 millóns contadores en Galicia; preto dun millón na Comunidade de Madrid; máis de 488.000 contadores en Castela-A Mancha e 281.000 contadores en Castela e León. En todas as comunidades, a compañía superou o limiar do 80% de equipos substituídos.

O cambio dos contadores continuará ata o ano que vén, cando, segundo a regulación, todos os equipos domésticos deben ser intelixentes.

Unión Fenosa Distribución distribúe enerxía a 3,6 millóns de puntos de subministración cunha potencia contratada inferior a 15 kW, principalmente na Comunidade de Madrid, Galicia, Castela e León e Castela-A Mancha.

Máis información para os clientes

O despregamento dos contadores intelixentes permite a Unión Fenosa Distribución mellorar o servizo que presta aos consumidores conectados ás súas redes eléctricas.

A compañía conta cunha app gratuíta, chamada tuluz, que permite que os usuarios domésticos que xa teñen un contador intelixente telexestionado poidan consultar os datos do seu consumo eléctrico horario dende calquera dispositivo móbil. Esta ferramenta, dispoñible para Android, iOS e Windows, permite aos fogares, de forma sinxela, coñecer como utilizan a súa enerxía.

Ademais, esta aplicación incorporou recentemente unha ferramenta pioneira no sector eléctrico español, que localiza nun mapa a zona na que se están a efectuar traballos de mantemento da rede eléctrica ou incidencias que puidesen estar a provocar unha interrupción do servizo.

Descarga a app tuluz

Google Play: play.google.com/store/apps/details?id=com.neo.ufpvpc&hl=es

App Store: itunes.apple.com/es/app/tuluz/id952687229?l=en&mt=8

Windows Store: microsoft.com/es-es/store/p/tuluz/9nblggh0cmxj

  

Madrid, 3 de marzo de 2017.