• Os clientes de rede con contador intelixente poden consultar os seus datos na páxina web da distribuidora eléctrica de GAS NATURAL FENOSA ou a través dunha APP dispoñible para os sistemas Windows, Android e iOS.
  • A distribuidora de electricidade avanza con esta innovadora ferramenta no incremento da calidade do seu servizo.

Unión Fenosa Distribución, filial distribuidora de electricidade de GAS NATURAL FENOSA, lanzou unha aplicación gratuíta destinada a dispositivos móbiles para facilitar aos usuarios domésticos da súa rede a consulta do seu consumo eléctrico horario.

Esta aplicación, chamada Mi Consumo, está dispoñible en Google Play, en App Store e en Windows Market para sistemas Android, iOS e Windows. Así mesmo, é accesible a través da páxina web da compañía distribuidora.

Para ter acceso á curva de consumo, o usuario debe estar conectado a unha rede de Unión Fenosa Distribución e dispoñer dun contador intelixente instalado. A compañía despregou preto de 1,5 millóns de equipos intelixentes domésticos, o que representa o 42% do total do seu parque de contadores.

A empresa completará a renovación do seu parque antes de 2019 coa instalación de dous millóns de contadores intelixentes adicionais. Unión Fenosa Distribución distribúe enerxía eléctrica principalmente en Galicia, Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León.

A ferramenta Mi Consumo representa un fito no incremento da calidade do servizo que a distribuidora presta aos usuarios que están conectados ás súas redes eléctricas. Con ela, Unión Fenosa Distribución adiántase aos requirimentos da regulación e pon as curvas de carga a disposición dos usuarios domésticos con contador de telexestión.

Datos horarios, diarios e mensuais

A aplicación Mi Consumo posibilita que os fogares coñezan, de forma sinxela, como utilizan a súa enerxía. Tras un proceso de rexistro no sistema, o usuario ten acceso a unha gráfica e completa información sobre o seu comportamento enerxético no intervalo de tempo que seleccione: horario, diario, mensual… Cada día, o usuario ten á súa disposición a curva de carga horaria da xornada anterior.

A implantación dos contadores intelixentes e de ferramentas de xestión, como a aplicación Mi Consumo, contribúen a mellorar a sostibilidade do sistema eléctrico, incrementan a súa eficiencia e reforzan a calidade da subministración.

Podes ampliar a información da aplicación ‘Mi Consumo’ neste enlace.

Enlaces de descarga:

AppStore PlayStore Windowsstore

 

Madrid, 28 de abril de 2015

Imaxes

Aplicación 'Mi Consumo' tablet

 

Vídeo