• A APP é capaz de ler o consumo que marca o equipo de medida a través da cámara do móbil ou da tableta e comunicalo aos sistemas informáticos da compañía.

Gas Natural mellora a atención aos usuarios da súa rede de gas co lanzamento dunha aplicación móbil (APP) que facilitará a comunicación da lectura do contador. A APP, chamada YoLeoGas, está dispoñible de forma gratuíta para os sistemas operativos máis populares, iOS e Android, a través das plataformas App Store e Google Play.

YoLeoGas permite facer a lectura de forma sinxela co móbil ou a tableta. O usuario só ten que rexistrar o número do CUPS que figura na factura na aplicación e facer unha foto ao equipo de medida. A APP avisa o cliente se a foto é correcta e a envía aos sistemas informáticos da distribuidora, que a procesan de forma automática. A información proporcionada a través de YoLeoGas ten prioridade respecto de lecturas realizadas por outras canles.

Entre as opcións que ofrece a aplicación, encóntrase a configuración de notificacións para que o usuario reciba un aviso no momento en que debe realizar a lectura do contador. Ademais, a APP mostra o histórico de lecturas para que o cliente poida levar o control do seu consumo.

Máis canles de comunicación

A APP YoLeoGas súmase ás canles que Gas Natural xa ten a disposición dos clientes para facilitar a súa lectura: o teléfono gratuíto 900 770 770; o correo serviciofotocontador@gasnatural.com, ao que se pode enviar unha foto da lectura; a páxina web www.gasnaturaldistribucion.com; e o cartel que a compañía coloca no portal antes da súa visita.

Máis de 700.000 usuarios comunican cada mes a Gas Natural a lectura do seu contador por comodidade ou porque van estar ausentes do seu domicilio. Preto do 50% dos contadores domésticos en España se sitúan no interior da vivenda.

YoLeoGas é froito do compromiso da compañía cunha maior eficiencia nos procesos, a súa posición de liderado tecnolóxico e a súa firme vocación de servizo ao cliente.

A compañía líder en distribución de gas en España

Gas Natural distribúe gas actualmente a máis de 5,2 millóns de puntos de subministración en España. A compañía investirá ao redor de 1.240 millóns de euros entre 2015 e 2017 e sumará nestes tres anos un total de 730.000 puntos de subministración, que darán servizo a preto de 2,8 millóns de novos usuarios. Ao final do trienio, as distribuidoras de Gas Natural atenderán máis de seis millóns de puntos de subministración en España.

Barcelona, 20 de xullo de 2015

Enlaces de descarga:

 

Imaxes

Imagen app YoLeoGas

lectura contador AppYoLeoGas

Vídeo: