• A evolución do exercicio, a pesar do ámbito desfavorable, fai prever que a compañía peche o ano en torno a 5.000 millóns de euros de EBITDA e que o seu beneficio alcance entre 1.300 e 1.400 millóns de euros, o que confirma a implantación da Visión Estratéxica 2016-2020, que está en marcha.
  • A compañía, que repartiu un dividendo á conta de 0,33 euros por acción en setembro, mantén unha política de dividendos para o período 2016-2018 que supoñerá un pay out do 70%, cun mínimo dun euro por acción.
  • O EBITDA descendeu o 6,8% respecto do mesmo período do exercicio anterior, nunha contorna macroeconómica na que os prezos das materias primas enerxéticas caeron de forma significativa. Ademais, o efecto da depreciación das divisas, especialmente de Brasil e Colombia, tivo un impacto negativo de 117 millóns de euros. Sen este efecto, o EBITDA tería descendido un 3,8%.
  • En Chile a compañía está preparada para lanzar un importante plan de gasificación de acordo coa planificación do goberno, tras o inicio do proceso de reordenación e reestruturación societaria das actividades do grupo no país.
  • Os investimentos materiais e intanxibles ascenderon a 1.294 millóns de euros, cun aumento do 23,9% debido, entre outras, á incorporación, no terceiro trimestre, dun novo buque metaneiro.
  • GPG, filial de xeración eléctrica internacional, investirá aproximadamente 85 millóns de euros na construción de dous parques solares en Brasil cunha potencia de 60 MW. Ademais, a compañía asinou en agosto contratos para desenvolver proxectos renovables en Australia e Chile.
  • GAS NATURAL FENOSA pechou este trimestre a compra da enerxética irlandesa Vayu, enmarcada na estratexia de crecemento en comercialización en Europa.
  • GAS NATURAL FENOSA dá enerxía a 24,3 millóns de puntos de subministración de gas natural e electricidade en todo o mundo, tras incorporar 641.000 no último ano.

GAS NATURAL FENOSA acadou nos nove primeiros meses de 2016 un beneficio neto axustado de 980 millóns de euros. Esta cifra representa un descenso do 10,4% tendo en conta a venda do 20% de GNL Quintero (Chile), que está previsto pechar na primeira quincena de novembro e que achegará unha plusvalía neta de 50 millóns.

O EBITDA entre xaneiro e setembro acadou os 3.640 millóns de euros, cun descenso do 6,8% respecto ao mesmo período do exercicio anterior, debido fundamentalmente á depreciación das divisas latinoamericanas –cun impacto negativo de 117 millóns de euros- e á caída dos prezos e marxes do gas natural, consecuencia á súa vez da situación xeral do mercado internacional de hidrocarburos. Sen o efecto da depreciación das divisas, o EBITDA tería descendido un 3,8%.

Malia este complicado escenario, que afectou especialmente os negocios de aprovisionamento e comercialización de gas, os resultados de GAS NATURAL FENOSA demostran a fortaleza do seu modelo de negocio.

A actividade de distribución de gas achega o 34,9% do EBITDA, a distribución de electricidade, o 27,8%, a xeración e comercialización de electricidade, o 20,4% e o aprovisionamento e comercialización de gas, o 17%.

O EBITDA das actividades en España mantívose ata setembro e representou o 55,1% do total. O resto, un 44,9%, correspondeu ás actividades internacionais.

Os investimentos materiais e intanxibles ascenderon a 1.294 millóns de euros, cun aumento do 23,9% debido á incorporación dun buque metaneiro por 206 millóns de euros. Sen considerar este buque, o investimento crece o 4,2%. O principal foco investidor situouse na actividade de distribución de gas natural, que representou o 36,6% do total de investimentos materiais e intanxibles, fronte ao 32,1% da distribución de electricidade.

Neste último trimestre a compañía adquiriu o 37,88% de Gas Natural Chile por un importe de 306 millóns de euros, polo que a súa participación neste negocio alcanza xa o 95%.

A compañía pechou en agosto a compra da comercializadora irlandesa de gas e electricidade Vayu, cuxa adquisición se enmarca dentro do novo plan estratéxico que prevé o incremento da comercialización almacenista en Europa. Vayu conta cunha cota de comercialización de grandes clientes en Irlanda do 15%.

A estrita política financeira da compañía situou o seu nivel de endebedamento no 46,9% a 30 de setembro, porcentaxe semellante ao da mesma data de 2015. A débeda financeira neta, de 16.144 millóns de euros, sube o 0,7% respecto da rexistrada en setembro do ano pasado. O 91,1% da débeda ten vencemento igual ou posterior a 2018 e a súa vida media sitúase en cinco anos.

GAS NATURAL FENOSA contaba, a final do semestre, cunha dispoñibilidade de liquidez de 10.842 millóns, equivalente a todas as obrigas financeiras de máis de 24 meses.

  • Dividendo á conta

O Consello de administración aprobou o pasado mes de xullo o reparto dun dividendo á conta do exercicio 2016 de 0,330 euros por acción, que foi aboado integramente en efectivo o 27 de setembro. O pagamento forma parte da política de dividendos para 2016-2018, que prevé un pay out anual do 70%, cun mínimo dun euro por acción. A nova política de dividendos adianta a setembro o pagamento á conta que tradicionalmente se cobraba en xaneiro.

  • Negocio

Cun desempeño segundo o previsto, GAS NATURAL FENOSA confirma as perspectivas para 2016, ao continuar unha forte actividade de crecemento subxacente con América Latina e a previsible estabilización das moedas.

Por outro lado espéranse marxes estables para 2016 no referente á comercialización de gas, aínda que a niveis máis reducidos que en 2015. Pola súa banda, en electricidade veranse menores prezos do pool en España en 2016, pero mostrando beneficios de modelo de negocio integrado da compañía.

Así mesmo, os investimentos con valor engadido están en liña coa estratexia disciplinada de crecemento.

Continua o exitoso investimento de novo capital en negocios regulados con fortes perspectivas de crecemento e remuneración ligada aos investimentos, así como o enfoque disciplinado en proxectos internacionais de renovables con valor engadido e a optimización da carteira de activos, con desinvestimentos de activos non-core e adquisicións en actividades estratéxicas, continuando o esforzo en aforro de custos.

  • Distribución de gas en España

O EBITDA da actividade de distribución de gas en España acadou os 653 millóns de euros, o 1,8% menos que nos nove primeiros meses de 2015.

As vendas da actividade regulada de gas en España aumentaron o 2,5% respecto ao mesmo período de 2015, ata os 131.237 GWh. A demanda residencial creceu por enriba do 2% (+702 GWh), polo maior consumo do segundo trimestre, mentres que a demanda industrial creceu un 3% (+1.069 GWh).

A 30 de setembro, a compañía tiña 5.311.000 puntos de subministración (+1,5%) e a rede de distribución acadou os 51.790 quilómetros, o 2,6% máis que a peche do terceiro trimestre de 2015. O número de municipios con acceso ao gas natural incrementouse en 31 e rematou o trimestre en 1.217.

Gas Natural Fenosa asinou en setembro de 2015 un acordo, por un importe de 450 millóns de euros, para adquirir redes de GLP Repsol Butano cun potencial de transformación a gas natural de 1 millón de puntos de subministración. O pasado xullo a CNMC aprobou esta operación que será completada no último trimestre de 2016.

  • Distribución de gas en Italia

O EBITDA da actividade de distribución de gas en Italia foi de 44 millóns de euros, o 12% menos que no mesmo período do ano anterior, debido fundamentalmente á menor remuneración por actualización do WACC recoñecido polo regulador italiano como consecuencia da redución da taxa libre de risco.

A actividade de distribución de gas acadou os 2.541 GWh, cunha diminución do 9,5% respecto a 2015, por unha climatoloxía non favorable. A rede de distribución a 30 de setembro de 2016 ascendeu a 7.226 quilómetros, cun aumento de 83 quilómetros nos últimos 12 meses. Ao final do período, a compañía tiña en Italia 458.386 puntos de subministración, o 0,4% máis que na mesma data do pasado exercicio.

  • Distribución de gas en América Latina

O EBITDA da distribución de gas en América Latina acadou os 573 millóns, cun descenso do 6,8% respecto aos primeiros nove meses de 2015, afectado polo comportamento das divisas latinoamericanas fronte ao euro en Arxentina (-37,2%), México (-13,8%), Colombia (-13,8%), Brasil (-9,8%) e Chile (-4,7%). Sen considerar o efecto do tipo de cambio, o EBITDA incrementaríase nun 5%.

Por países, destacou o crecemento no EBITDA en Chile, que achega 151 millóns de euros (+10,2%).

As vendas da actividade de gas en América Latina acadaron os 200.805 GWh e a rede de distribución en América latina incrementouse en 3.396 quilómetros (+4,3%) nos últimos 12 meses, ata alcanzar os 82.778 quilómetros a peche do terceiro trimestre.

GAS NATURAL FENOSA acadou os 7.690.867 millóns de puntos de subministración en América latina, tras incorporar 332.000 novos puntos durante o último ano. Cómpre salientar os incrementos de Colombia (123.000 puntos) e de México (117.000 puntos).

  • Distribución de electricidade en España

O EBITDA da actividade de distribución de electricidade acadou os 457 millóns de euros entre xaneiro e setembro, o 1,3% máis que no mesmo período de 2015.

A 30 de setembro, a enerxía subministrada acadou os 23.838 GWh, o 0,1% menos que no mesmo período de 2015. A peche do terceiro trimestre, a compañía contaba con 3.697.000 puntos de subministración, cun crecemento do 0,5% nos últimos 12 meses.

O tempo de interrupción equivalente á potencia instalada (TIEPI) foi de 35 minutos, lixeiramente superior a 2015, debido aos efectos das adversas condicións meteorolóxicas de principios de ano.

  • Distribución de electricidade en Moldavia

O EBITDA da actividade de distribución de electricidade en Moldavia acadou os 35 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano, o 45,8% máis que en 2015. Este incremento débese a unha maior retribución da base de capital tarifaria por actualización anual, a menores perdas na rede e para o efecto do tipo de cambio.

As vendas da actividade de electricidade situáronse en 1.945 GWh (-2,2%) e os puntos de subministración pecharon o período en 876.000 (+1,4%).

  • Distribución de electricidade en América latina

O EBITDA da actividade de distribución de electricidade en América latina, que inclúe Arxentina, Chile, Colombia e Panamá, acadou os 519 millóns de euros a peche do terceiro trimestre, o 1,6% máis en relación co peche do terceiro trimestre de 2015. De non considerar o efecto provocado polo tipo de cambio, o EBITDA aumentaría o 9%.

O negocio de distribución de Chile achegou 227 millóns de euros ao EBITDA, en liña co ano anterior. As distribuidoras de Panamá achegaron 92 millóns de euros e Colombia achegou 191 millóns de euros.

Non obstante, en Colombia, debido á actual situación de morosidade e fraude, o beneficio despois de impostos da filial do grupo na rexión Caribe rexistrou perdas de ao redor de 24 millóns de euros, fronte aos 14 millóns de perdas rexistrados no mesmo período do exercicio 2015. A 30 de setembro de 2016, o importe total de facturas non pagadas ascendía a 1.259 millóns de euros, importe aprovisionado en aproximadamente un 83%.

As vendas da actividade de distribución de electricidade en América latina creceron un 2,4%, ata os 26.049 GWh, debido ao crecemento da demanda, tanto en Colombia coma en Panamá. En conxunto, os puntos de subministración aumentaron o 3,3%, ata 6.232.000.

  • Gas: Infraestruturas

O EBITDA da actividade de infraestruturas, que inclúe a operación do gasoduto Magreb-Europa, a xestión do transporte marítimo, e a exploración, desenvolvemento, produción e almacenamento de hidrocarburos, elevouse nos nove primeiros meses do ano a 221 millóns de euros, o 2,3% máis, debido principalmente ao incremento do 3% da tarifa de transporte internacional do gasoduto Magreb-Europa.

A 30 de setembro, a actividade de transporte de gas, desenvolvida en Marrocos a través das sociedades EMPL e Metragaz, sumou un volume total de 83.239 GWh, un 1,3% máis que no mesmo período de 2015. Desta cifra, 52.485 GWh (-5,2%) foron transportados para GAS NATURAL FENOSA, a través da sociedade Sagane, e 30.754 GWh (+14,5%) para Portugal e Marrocos.

  • Gas: Aprovisionamento e comercialización

O EBITDA da actividade mundial de aprovisionamento e comercialización de gas ascendeu a 398 millóns de euros, o que supón unha diminución do 33,1%, seguindo a tendencia do axuste de prezos enerxéticos sufragado durante o ano.

Entre xaneiro e setembro, a comercialización almacenista de GAS NATURAL FENOSA acadou os 213.010 GWh, o 0,9% menos que no mesmo período de 2015, fundamentalmente polo descenso do gas comercializado en España (un 4,8% menos). En cambio, a comercialización de gas internacional mantivo a tendencia marcada nos trimestres anteriores e acadou os 101.627 GWh, o 4,5% máis, e destacou o impulso da comercialización a cliente final no resto de Europa.

Gas Natural Europe, filial de comercialización en Europa, realizou vendas en Francia durante o período que acadaron os 33,4 TWh a clientes de diversos ámbitos, que van dende empresas do sector industrial ata autoridades locais e do sector público. As vendas en Bélxica, Luxemburgo, Holanda e Alemaña acadaron os 8,4 TWh no mesmo período.

En Italia, GAS NATURAL FENOSA acadou unhas vendas de 4,5 TWh a peche do terceiro trimestre.

No mercado de Portugal, GAS NATURAL FENOSA continúa como segundo operador do país, e primeiro estranxeiro, cunha cota superior ao 15%. No mercado industrial, onde se centra principalmente a súa actividade, a cota é superior ao 17%.

No mercado retallista, a compañía acadou 12,2 millóns de contratos activos de gas, electricidade e servizos de mantemento a 30 de setembro, dos que 569.000 están en Italia. GAS NATURAL FENOSA, pioneira na integración da subministración conxunta de gas e electricidade, superou os 1,5 millóns de fogares en España con ambas as dúas enerxías contratadas. Así mesmo, gran parte destes fogares tamén contan con servizo de mantemento.

  • Electricidade España

O EBITDA da actividade de electricidade en España (xeración, comercialización almacenista e retallista e subministración a PVPC) foi de 553 millóns de euros, cifra semellante á do exercicio anterior.

Durante os primeiros nove meses do ano, a demanda de electricidade, corrixida por efecto de temperatura e laboralidade, diminuíu o 0,1%. Mentres, a xeración neta nacional contraeuse o 4%. O prezo medio ponderado do mercado diario no período xullo-setembro foi de 42,3 €/MWh, 14,74 €/MWh por debaixo do prezo do mesmo trimestre de 2015. No conxunto do ano, o prezo medio ponderado sitúase en 34,77 €/MWh, por debaixo dos 51,45 €/MWh dos tres primeiros trimestre do exercicio pasado.

GAS NATURAL FENOSA xerou 20.073 GWh ata setembro, o 15,3% menos. Desa cifra, 18.095 GWh corresponderon a xeración tradicional (o 18,5% menos), mentres que a xeración en renovables e coxeración foi de 1.978 GWh (33,8% máis). A cota acumulada da compañía en xeración de electricidade situouse no 16,4%.

Por tecnoloxías, a produción hidráulica situouse en 3.691 GWh ata setembro, o 72,4% superior á de 2015. A produción nuclear foi de 3.329 GWh (+0,1%), os ciclos combinados xeraron 8.028 GWh (-26,6%) e as térmicas de carbón acadaron os 3.047 (-47,6%). As vendas de electricidade, que inclúen a comercialización no mercado liberalizado e do Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor, acadaron, a 30 de setembro, os 27.554 GWh, o 3,7% máis.

Gas Natural Fenosa Renovables pechou setembro cunha potencia total instalada en operación de 1.145 MW, dos cales 977 MW corresponden a tecnoloxía eólica, 110 MW a minihidráulica e 58 MW a coxeración.

A produción entre xaneiro e setembro creceu o 33,8% grazas á maior produción hidráulica e á incorporación dos parques adquiridos na compra de Gecalsa.

  • Global Power Generation (GPG)

O EBITDA de Global Power Generation acadou os 190 millóns, o 4,5% menos, debido fundamentalmente ao menor EBITDA en México (-6,1%), causado polo efecto de tipo de cambio. A enerxía eléctrica producida no conxunto dos activos aumentou o 1%, ata os 13.361 GWh.

O pasado mes de agosto, GPG resultou adxudicataria de proxectos de desenvolvemento de enerxías renovables en Chile e Australia. No país suramericano, GPG construirá o parque eólico Cabo Leones II, de 204 MW, e unha planta solar fotovoltaica de 120 MW, cun investimento total previsto de 325 millóns de euros. Respecto de Australia, GPG foi adxudicataria do seu primeiro parque eólico do país, de 91 MW de potencia e situado en Nova Gales do Sur. O investimento previsto para este proxecto é de 120 millóns.

Adicionalmente, GPG adquiriu o seu primeiro proxecto de xeración eléctrica en Brasil, de 60 MW. A compañía fíxose, por aproximadamente 85 millóns de euros, cunha participación maioritaria (85%) de dúas plantas solares que pertencían ao Grupo Gransolar.

 

Barcelona, 2 de novembro de 2016.

Conta de resultados consolidada

A conta de perdas e ganancias consolidada do exercicio 2015 reexpresouse reclasificando a operacións interrompidas o negocio de gas licuado de petróleo en Chile en aplicación da NIIF 5.

 

(€ millóns) 9M16 9M15
Importe neto da cifra de negocios 16.746 19.605
Aprovisionamentos -11.013 -13.639
Marxe bruta 5.733 5.966
Outros ingresos de explotación 188 205
Gastos de persoal -759 -742
Tributos -345 -366
Outros gastos de explotación -1.177 -1.156
EBITDA 3.640 3.907
Outros resultados - 5
Amortizacións e perdas por deterioración -1.305 -1.308
Dotación a provisións -223 -193
RESULTADO DE EXPLOTACIÓN 2.112 2.411
Resultado financeiro -629 -676
Resultado alleamento instrumentos financeiros - -
Resultado de entidades método participación 2 -6
RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS 1.485 1.729
Imposto sobre beneficios -349 -421
Resultado operacións interrompidas 44 31
Participacións non dominantes -250 -245
RESULTADO ATRIBUÍBLE AO GRUPO 930 1.094

Balance de situación consolidado

(€ millóns) 30/09/2016 30/09/2015
Activo non corrente 38.504 38.424
Inmobilizado intanxible 10.621 10.351
Inmobilizado material 23.809 23.707
Investimentos método participación 1.662 1.971
Activos financeiros non correntes 1.331 1.394
Activos por imposto diferido 1.081 1.001
Activo corrente 8.996 8.462
Activos non correntes mantidos para a venda 37  -
Existencias 744 874
Debedores comerciais e outras contas para cobrar 4.725 4.895
Outros activos financeiros correntes 348 413
Efectivo e medios líquidos equivalentes 3.142 2.280
TOTAL ACTIVO 47.500 46.886

 

(€ millóns) 30/09/2016 30/09/2015
Patrimonio neto 18.262 18.124
Patrimonio neto atribuído á entidade dominante 14.477 14.431
Participacións non dominantes 3.785 3.693
Pasivo non corrente 21.223 22.848
Ingresos diferidos 845 851
Provisións non correntes 1.433 1.509
Pasivos financeiros non correntes 15.188 16.806
Pasivos por imposto diferido 2.653 2.672
Outros pasivos non correntes 1.104 1.010
     
Pasivo corrente 8.015 5.914
 Pasivos vinculados con activos non correntes mantidos para a venda - -
 Provisións correntes 134 158
 Pasivos financeiros correntes 4.194 1.722
 Acredores comerciais e outras contas para pagar 3.416 3.686
 Outros pasivos correntes 271 348
 TOTAL PASIVO E PATRIMONIO NETO 47.500 46.886

 

Principais magnitudes operativas

Actividade de distribución

9M16 9M15 %
Distribución de gas (GWh) 334.583 352.260 -5,0
Europa 133.778 130.898 2,2
ATR* 133.778 130.898 2,2
América latina 200.805 221.362 -9,3
Vendas de gas a tarifa 116.588 132.844 -12,2
ATR 84.217 88.518 -4,9
Distribución de electricidade (GWh) 51.832 51.237 1,2
Europa 25.783 25.797 -0,1
Vendas de electricidade a tarifa 1.945 1.988 -2,2
ATR 23.838 23.809 0,1
América latina 26.049 25.440 2,4
Vendas de electricidade a tarifa 24.385 24.036 1,5
ATR 1.664 1.404 18,5
Transmisión de electricidade (GWh) 10.942 10.932 0,1
América latina 10.942 10.932 0,1
Puntos de subministración de distribución de gas, en miles (a 30/09): 13.460 13.046 3,2
Europa 5.769 5.687 1,4
América latina 7.691 7.359 4,5
Puntos de subministración de distribución de electricidade, en miles (a 30/09): 10.805 10.578 2,1
Europa 4.573 4.543 0,7
América latina 6.232 6.035 3,3
TIEPI en España (minutos)** 35 33 6,1

* Acceso a Terceiros á Rede (enerxía distribuída). Inclúe os servizos de ATR en transporte secundario.
** Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada.

Actividade de Gas

9M16 9M15 %
Comercialización almacenista (GWh) 213.010 214.872 -0,9
España 111.383 117.603 -5,3
Resto vendas de gas 101.627 97.269 4,5
Comercialización retallista (GWh) 20.313 22.021 -7,8
Transporte de gas – EMPL (GWh) 83.239 82.210 1,3

Actividade de Electricidade

9M16 9M15 %
Enerxía eléctrica producida (GWh) 33.434 36.923 -9,4
España 20.073 23.690 -15,3
Xeración 18.095 22.212 -18,5
Hidráulica 3.691 2.141 72,4
Nuclear 3.329 3.326 0,1
Carbón 3.047 5.814 -47,6
Ciclos combinados 8.028 10.931 -26,6
Renovable e coxeración 1.978 1.478 33,8
Global Power Generation: 13.361 13.233 1,0
México (CC) 11.580 11.412 1,5
México (eólica) 522 604 -13,6
Costa Rica (hidráulica) 304 266 14,3
Panamá (hidráulica) 61 45 35,6
República Dominicana (fuel) 761 812 -6,3
Kenya (fuel) 133 94 41,5
Capacidade de xeración eléctrica (MW) 15.416 14.847 3,8
España 12.714 12.145 4,7
Xeración 11.569 11.226 3,1
Hidráulica 1.954 1.954 -
Nuclear 604 604 -
Carbón 2.010 2.065 -2,7
Ciclos Combinados 7.001 6.603 6,0
Renovable e coxeración 1.145 919 24,6
Global Power Generation 2.702 2.702 -
México (CC) 2.035 2.035 -
México (eólica) 234 234 -
Costa Rica (hidráulica) 101 101 -
Panamá (hidráulica) 22 22 -
República Dominicana (fuel) 198 198 -
Kenya (fuel) 112 112 -