• O crecemento rexistrado nos primeiros nove meses do ano apóiase na solidez dos negocios regulados e na expansión da actividade en América latina.A chilena CGE, adquirida a finais de 2014, contribuíu con 464 millóns de euros ao EBITDA da multinacional.
  • O Consello de administración acordou destinar 408 millóns de euros (0,4078 euros por acción) ao pagamento o próximo 8 de xaneiro do dividendo á conta en efectivo correspondente aos resultados de 2015.Isto supón un aumento do 2,72% respecto ao dividendo á conta de 2014.
  • GAS NATURAL FENOSA, que continúa coa súa sólida política financeira, situou a súa ratio de endebedamento nun 46,9% a 30 de setembro, cunha vida media da débeda financeira por enriba dos cinco anos.
  • A multinacional está na senda de cumprimento dos seus obxectivos para 2015, recollidos no seu Plan estratéxico 2013-2015, que inclúen alcanzar un EBITDA superior a 5.000 millóns de euros, un resultado neto próximo aos 1.500 millóns, e manter un pay out próximo ao 62%.

O beneficio neto de GAS NATURAL FENOSA alcanzou os 1.094 millóns de euros, o 3,8% máis en termos comparables, e o EBITDA consolidado creceu un 10,9%, ata os 3.998 millóns de euros, durante os nove primeiros meses de 2015. Nun ámbito económico e enerxético complexo, o crecemento ata setembro sustentouse na solidez dos negocios regulados e no crecemento das operacións rexistrado en América latina.

A incorporación ao perímetro de GAS NATURAL FENOSA da Compañía General de Electricidad (CGE) chilena sumou 464 millóns de euros ao EBITDA consolidado. Isto permitiu compensar, por unha banda, o impacto de 56 millóns do RDL 8/2014, que afecta as actividades reguladas do gas en España dende o 5 de xullo de 2014 e, pola outra, a achega de 32 millóns de euros do negocio de telecomunicacións, desinvestido en xuño de 2014.

A incorporación de CGE elevou o peso das actividades internacionais no EBITDA ata o 50,1%, fronte ao 42,7% do mesmo período do ano anterior. O EBITDA procedente das operacións en España reduciu o seu peso ao 49,9%.

O beneficio neto, de 1.094 millóns de euros, reduciuse o 11,7% nos primeiros nove meses do ano, debido, fundamentalmente, a que durante 2015 se rexistraron menores resultados extraordinarios que en 2014, cando se executou a venda de Gas Natural Telecomunicaciones e as súas sociedades participadas.

En termos homoxéneos, é dicir, axustando as plusvalías xeradas en ambos os dous períodos, o beneficio neto aumentou o 3,8%. Este incremento do resultado recorrente, nun contexto de acentuada incerteza global, débese ao equilibro do perfil da compañía, á diversificación dos seus negocios e a unha estrita disciplina financeira.

A compañía situou a súa ratio de endebedamento no 46,9% a 30 de setembro, cunha débeda financeira neta de 16.031 millóns de euros. O 96,2% da débeda ten vencemento igual ou posterior ao ano 2017 e a súa vida media é lixeiramente superior aos cinco anos.

GAS NATURAL FENOSA contaba, a peche do terceiro trimestre, cunha dispoñibilidade de liquidez de 9.932 millóns de euros, equivalentes a todas as obrigas financeiras durante máis de 24 meses.

A multinacional mantén os compromisos para 2015, recollidos no seu Plan estratéxico 2013-2015, que inclúen alcanzar un EBITDA superior a 5.000 millóns de euros, un resultado neto próximo aos 1.500 millóns e un manter un pay out (proporción do beneficio neto que se destina a dividendo) próximo ao 62%.

Dividendo á conta de 0,4078 euros por acción (+2,72%)

O Consello de administración acordou destinar 408 millóns de euros (0,4078 euros por acción) ao pagamento do dividendo á conta en efectivo o próximo 8 de xaneiro de 2016 e que irá a cargo dos resultados de 2015. Este dividendo, que está en liña co que marca o Plan estratéxico, supón un aumento do 2,72% respecto ao dividendo á conta de 2014.

Investimentos

A multinacional investiu un total de 1.208 millóns de euros nos nove primeiros meses de 2015, o 14,4% máis que en 2014. O principal foco investidor de GAS NATURAL FENOSA situouse na actividade de distribución de gas, que aumentou un 26,9% e representou o 38,9% do total consolidado.

A actividade de distribución de electricidade aumentou os seus investimentos o 14,5%, ata representar o 21,2% do total, fundamentalmente polo crecemento en España. Pola súa banda, CGE representou o 16,8% do total. No ámbito xeográfico, os investimentos en España diminuíron un 7% (aumentarían un 28,3% de excluír o investimento realizado no buque metaneiro en 2014). No exterior, os investimentos aumentaron un 39,5% pola incorporación de CGE.

Distribución de gas en España

O EBITDA da actividade de distribución de gas en España alcanzou os 665 millóns de euros, o 1,6% menos que nos nove primeiros meses do ano anterior.

As vendas da actividade regulada de gas en España aumentaron o 5,3% respecto ao mesmo período de 2014, ata os 128.091 GWh, grazas a unha climatoloxía máis favorable. A demanda industrial diminuíu un 1,1%, debido fundamentalmente aos cambios regulatorios no sector da coxeración.

A 30 de setembro, a compañía tiña 5.231.094 puntos de subministración (+0,4%) e a rede de distribución alcanzaba os 50.463 quilómetros, un 3,9% máis que a peche do terceiro trimestre do ano anterior. O número de municipios con acceso ao gas natural ascendeu ata os 1.171.

Distribución de gas en Italia

O EBITDA da actividade de distribución de gas en Italia foi de 50 millóns de euros, en liña co mesmo período do ano anterior.

A actividade de distribución de gas alcanzou os 2.807 GWh, cun aumento do 10,4% respecto ao ano 2014, por unha climatoloxía máis favorable. A rede de distribución a 30 de setembro de 2015 ascendeu a 7.143 quilómetros, cun aumento de 105 quilómetros nos últimos doce meses. GAS NATURAL FENOSA en Italia alcanzou a cifra de 456.344 puntos de subministración, o que supón un lixeiro incremento respecto ao ano anterior.

Distribución de gas en América latina

O EBITDA da distribución de gas en América latina alcanzou os 478 millóns, cun aumento do 4,1% respecto aos primeiros nove meses de 2014, afectado polo comportamento das divisas en Arxentina (+9,5%) e México (+2,4%), que compensan, en parte, a depreciación da moeda en Colombia (-9,1%) e Brasil (-10,6%). Sen considerar o efecto do tipo de cambio, o EBITDA crecería o 10,8%.

Por países, destacou o crecemento no EBITDA en México, que achega 124 millóns de euros (+39,3%), aínda que o de Brasil, de 200 millóns, segue sendo o maior da rexión, malia a forte desaceleración económica do país.

O importe neto da cifra de negocio de distribución de gas en América latina ascendeu a 2.556 millóns de euros e rexistrou un incremento do 2,5%, cun volume de vendas un 0,6% superior ao ano pasado.

A rede de distribución en América latina incrementouse en 2.270 quilómetros (+3,2%) nos últimos 12 meses, ata alcanzar os 72.555 quilómetros a peche do terceiro trimestre.

GAS NATURAL FENOSA superou os 6,8 millóns de puntos de subministración en América latina, tras incorporar 281.000 novos puntos durante o período. Cómpre salientar os incrementos de México (+106.000 puntos) e de Colombia (+105.000 puntos).

Distribución de electricidade en España

O EBITDA da actividade de distribución de electricidade aumentou un 2,7%, ata os 451 millóns de euros, con respecto ao mesmo período de 2014, mentres que o importe neto da cifra de negocio creceu un 2%, ata os 627 millóns de euros.

A 30 de setembro, a enerxía subministrada alcanzou os 23.809 GWh, o 0,5% menos que no mesmo período de 2014. A peche do terceiro trimestre, a compañía contaba con 3.679.000 puntos de subministración, cifra semellante á do mesmo período do ano anterior.

O Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada (TIEPI) foi de 33 minutos, un 10,8% mellor que en 2014.

Distribución de electricidade en Moldavia

O EBITDA da actividade de distribución de electricidade en Moldavia alcanzou os 24 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano, o que supón un descenso do 7,7%. A diminución do Ebitda débese principalmente á depreciación da moeda local fronte ao euro. Sen considerar o efecto do tipo de cambio, o crecemento do EBITDA sería do 4,3% polos maiores ingresos tarifarios, a mellora nos indicadores de perdas de rede e tamén á aplicación do custo de extensión de vida útil dos activos.

As vendas da actividade de electricidade ascenderon a 1.988 GWh (+3,6%) e os puntos de subministración pecharon o período en 864.000 (+1,2%).

Distribución de electricidade en América latina

O EBITDA da actividade de distribución de electricidade en América latina, que inclúe Colombia e Panamá, alcanzou os 275 millóns de euros a peche do terceiro trimestre, o 10% superior respecto ao do ano anterior. De non considerar o efecto provocado polo tipo de cambio, o EBITDA aumentaría o 12%.

O negocio de distribución de Colombia achegou 187 millóns de euros ao Ebitda, o que supón un incremento do 16%, sen considerar o efecto do tipo de cambio. As distribuidoras de Panamá achegaron 88 millóns de euros (+23,9%).

As vendas da actividade de distribución de electricidade en América latina creceron un 5,4%, ata os 13.485 GWh, debido ao crecemento da demanda, tanto en Colombia coma en Panamá. En conxunto, a cifra de clientes aumentou o 4,2%.

Gas: Infraestruturas

O EBITDA da actividade de infraestruturas, que inclúe a operación do gasoduto Magreb-Europa, a xestión do transporte marítimo, o desenvolvemento dos proxectos integrados de gas natural licuado (GNL) e a exploración, desenvolvemento, produción e almacenamento de hidrocarburos elevouse nos nove primeiros meses do ano a 216 millóns de euros, o 2,4% máis. Malia un menor volume transportado polo gasoduto Magreb-Europa durante 2015, a actividade viuse favorecida polo efecto positivo do tipo de cambio respecto ao dólar.

A 30 de setembro, a actividade de transporte de gas desenvolvida en Marrocos a través das sociedades EMPL e Metragaz sumou un volume total de 82.210 GWh, o 10,5% menos que no mesmo período de 2014 por un menor volume de gas vehiculado a España. Desta cifra, 55.346 GWh (-15,7%) foron transportados para GAS NATURAL FENOSA, a través da sociedade Sagane, e 26.864 GWh (+2,2%) para Portugal e Marrocos.

Gas: Aprovisionamento e comercialización

O EBITDA da actividade mundial de aprovisionamento e comercialización de gas ascendeu a 595 millóns de euros, o que supón unha diminución moderada do 12,5% en relación á magnitude do axuste de prezos enerxéticos sufragado durante o ano. A flexibilidade na xestión da carteira global de contratos adaptada ao contexto actual de prezos debería permitir unha progresiva estabilización do estreitamento de marxes do negocio.

A 30 de setembro, a comercialización almacenista de GAS NATURAL FENOSA alcanzou os 210.187 GWh e aumentou un 1,4% respecto a 2014, grazas á comercialización de gas natural no exterior e malia que o gas comercializado no mercado español sufriu un descenso do 3,6%, por un menor aprovisionamento a terceiros.

Gas Natural Europe, filial de comercialización en Europa, conta actualmente en Francia cunha carteira contratada de 24,8 TWh anuais con clientes de diversos ámbitos, que van dende empresas do sector industrial ata autoridades locais e do sector público. A filial francesa consolida a súa posición en Bélxica, Luxemburgo, Holanda e Alemaña, cunha carteira contratada de 14,8 TWh/ano.

En Italia, Gas Natural Vendita conseguiu unha carteira contratada no mercado almacenista de 6,5 TWh/ano a peche do terceiro trimestre.

No mercado de Portugal, GAS NATURAL FENOSA continúa como segundo operador do país cunha cota superior ao 15% e mantén a súa posición como primeiro operador estranxeiro do país. No mercado industrial, onde se centra principalmente a súa actividade, a cota é superior ao 20%. Iso permite manter o seu liderado na Península Ibérica ás portas do próximo lanzamento do mercado ibérico de gas.

No mercado exterior, destaca o incremento da diversificación de mercados, con vendas de gas en América (Caribe e Sur) e Asia (Xapón, India e Corea do Sur). A compañía consolida a súa presenza nos principais mercados internacionais de Gas Natural Licuado (GNL).

No mercado retallista, a compañía alcanzou 12,4 millóns de contratos activos de gas, electricidade e servizos de mantemento a 30 de setembro, dos que 542.000 están en Italia. GAS NATURAL FENOSA, pioneira na integración da subministración conxunta de gas e electricidade, superou os 1,5 millóns de fogares en España con ambas as dúas enerxías contratadas. Así mesmo, gran parte destes fogares (82%) tamén contan con servizo de mantemento.

Electricidade España

O EBITDA da actividade de electricidade en España (xeración, comercialización almacenista e retallista e subministración de electricidade a tarifa de último recurso) foi de 553 millóns de euros, o 2% menos, debido fundamentalmente ao diferente comportamento dos prezos do pool entre os períodos que se comparan.

O prezo medio ponderado do mercado diario no período xullo-setembro deste ano foi de 57,04 €/MWh, catro euros por enriba dos 53,02 €/MWh do mesmo trimestre de 2014 e un 15% superior ao prezo do trimestre anterior.

A produción de enerxía eléctrica foi de 23.690 GWh, un 3,8 % máis que no mesmo período do ano anterior. Desa cifra, 22.212 GWh corresponden a xeración tradicional (+4,6%), mentres que a xeración en renovables e coxeración sumou 1.478 GWh (-6%).

A cota de mercado en xeración tradicional acumulada a 30 de setembro de 2014 de Gas Natural Fenosa é do 18,8%, lixeiramente superior ao 18,6% de 2014

A peche do terceiro trimestre, a produción hidráulica foi de 2.141 GWh, moi inferior aos 3.410 GWh de 2014. O ano empezou cunha característica hidrolóxica de ano medio, pasou a ano seco no segundo trimestre e neste terceiro trimestre foi xa moi seco.

Pola súa banda, e no acumulado anual, a produción nuclear aumentou un 5% ata os 3.326 GWh, se ben estas cifras están afectadas polo desprazamento das paradas programadas.

A produción dos ciclos combinados durante os nove primeiros meses de 2015 foi de 10.931 GWh, un 4,2% superior ao mesmo período de 2014. No terceiro trimestre, a produción con esta tecnoloxía foi de 4.264 GWh (-6,3%).

A produción térmica con carbón alcanzou no terceiro trimestre os 2.843 GWh, un 6,2% máis que o ano pasado. Nos primeiros nove meses do ano a produción con carbón é un 39,3% superior ao ano pasado, se ben a cifra do 2014 ten distintos criterios de funcionamento ao serlle de aplicación o Real decreto de garantía de subministración vixente ata final de ano.

As vendas de electricidade, que inclúen a comercialización no mercado liberalizado e de último recurso, alcanzaron, 30 de setembro, os 26.583 GWh (+3,1%). As cifras da carteira de comercialización eléctrica son acordes ao posicionamento de maximización de marxes, á optimización de cota e ao grao de cobertura que GAS NATURAL FENOSA desexa ter fronte ás variacións de prezo do mercado eléctrico.

Gas Natural Fenosa Renovables

Gas Natural Fenosa Renovables pechou o terceiro trimestre cunha potencia total instalada de 919 MW consolidables (878 MW en operación), dos cales 752 MW corresponden a tecnoloxía eólica, 110 MW a minihidráulica e 57 MW a coxeración.

A produción foi un 6% inferior á de 2014 (1.478 GWh vs. 1.572 GWh), debido principalmente á menor produción eólica e para o efecto da parada das coxeradoras asociadas a zurros que si funcionaron ata febreiro de 2014.

Gas Natural Fenosa alcanzou o pasado mes de xuño un acordo para adquirir o 100% da sociedade de enerxías renovables Gecalsa, por un valor de empresa de 260 millóns de euros. Unha vez obtidas as autorizacións preceptivas, a operación pechouse no pasado mes de outubro.

Global Power Generation

GAS NATURAL FENOSA creou en outubro de 2014 a sociedade Global Power Generation (GPG) que aglutina os seus activos e negocios de xeración eléctrica fóra de Europa. O obxectivo da nova sociedade é impulsar o negocio de xeración internacional de GAS NATURAL FENOSA de acordo co marco establecido no seu actual Plan estratéxico, que recolle o crecemento no mercado internacional a través do desenvolvemento de proxectos de xeración, especialmente en América latina e Asia.

O pasado mes de marzo GAS NATURAL FENOSA e Kuwait Investment Authority (KIA) asinaron un acordo para realizar unha ampliación de capital de 550 millóns de dólares en Global Power Generation (GPG), que subscribirá integramente KIA. Tras a ampliación de capital, KIA ten unha participación do 25% de GPG, polo que GAS NATURAL FENOSA mantén o control sobre esta sociedade.

A operación, unha vez obtidas as correspondentes autorizacións, pechouse o pasado mes de outubro e supón a asociación cun socio investidor sólido para acelerar o desenvolvemento dos plans de expansión en xeración internacional, que consideran, a medio prazo, construír 5 GW adicionais de capacidade de xeración en mercados internacionais, principalmente en América latina e Asia.

O EBITDA de GPG, correspondente ao período xaneiro-setembro de 2015, alcanzou os 199 millóns de euros, o 25,2% máis que no mesmo período do ano anterior, debido fundamentalmente ao efecto de tipo de cambio e á entrada en operación comercial do parque eólico de Bii Hioxo (México) dende outubro de 2014 e a central hidroeléctrica de Torito (Costa Rica) a partir de maio de 2015.

Compañía General de Electricidad (CGE)

A chilena CGE incorporouse ao perímetro de consolidación de GAS NATURAL FENOSA polo método de integración global dende o 30 de novembro de 2014. A contribución ao EBITDA consolidado ata setembro de 2015 foi de 464 millóns de euros.

Na actividade de distribución de gas, CGE aumentou as súas vendas no período un 11%, ata acadar os 36.715 GWh. Por outra banda, rexistrouse un crecemento do 3,2% nas vendas da actividade de distribución de electricidade, debido principalmente ao aumento das vendas a clientes regulados (+4,2%).

O crecemento experimentado pola enerxía transportada, que corresponde fundamentalmente á filial Transnet (Chile), foi do 3% e explícase pola evolución que presentaron as vendas físicas das distribuidoras eléctricas en Chile, que participan no Sistema Interconectado Central (SIC).

A venda almacenista de GLP decreceu nun 27,1%, debido a unha diminución da actividade, mentres que a venda a cliente final se reduciu o 1,4% debido ao efecto da temperatura.

 

Barcelona, 4 de novembro de 2015.

Conta de resultados consolidada

(€ millóns) 9M 15 9M 14
Importe neto da cifra de negocios 20.042 18.223
Outros ingresos de explotación 206 205
Aprovisionamentos -13.905 -12.803
Gastos de persoal -775 -617
Outros gastos de explotación -1.570 -1.402
EBITDA 3.998 3.606
Outros resultados 5 253
Amortizacións e perdas por deterioración -1.337 -1.184
Dotación a provisións -194 -185
RESULTADO DE EXPLOTACIÓN 2.472 2.490
Resultado financeiro -694 -587
Resultado alienación instrumentos financeiros - -
Resultado de entidades método participación -5 -75
RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS 1.773 1.828
Imposto sobre beneficios -434 -448
Participacións non dominantes -245 -141
RESULTADO ATRIBUÍBLE AO GRUPO 1.094 1.239

 

Balance de situación consolidado

(€ millóns) 30/09/15 30/09/14
Activo non corrente- 38.424 33.081
Inmobilizado intanxible 10.351 7.888
Inmobilizado material 23.707 20.218
Investimentos método participación 1.971 2.322
Activos financeiros non correntes 1.394 1.562
Activos por imposto diferido 1.001 1.091
Activo corrente- 8.462 9.967
Existencias 874 937
Debedores comerciais e outras contas a cobrar 4.895 4.792
Outros activos financeiros correntes 413 333
Efectivo e medios líquidos equivalentes 2.280 3.905
TOTAL ACTIVO 46.886 43.048

 

(€ millóns) 30/09/15 30/09/14
Patrimonio neto- 18.124 15.985
Patrimonio neto atribuído á entidade dominante 14.431 14.420
Participacións non dominantes 3.693 1.565
Pasivo non corrente- 22.848 20.054
Ingresos diferidos 851 830
Provisións non correntes 1.509 1.457
Pasivos financeiros non correntes 16.806 14.884
Pasivos por imposto diferido 2.672 2.014
Outros pasivos non correntes 1.010 869
     
Pasivo corrente- 5.914

7.009
 Provisións correntes 158 108
 Pasivos financeiros correntes 1.722 2.866
 Acredores comerciais e outras contas a pagar  3.686  3.617
Outros pasivos correntes  348  418
 TOTAL PASIVO E PATRIMONIO NETO 46.886 43.048

 

Principais magnitudes físicas

Actividade de Distribución:

9M15 9M14 %
Distribución de gas (GWh) 318.863 310.897 2,5
Europa: 130.898 124.212 5,4
ATR* 130.898 124.212 5,4
América latina: 187.965 186.775 0,6
Vendas de gas a tarifa 121.079 119.033 1,7
ATR 66.886 67.742 -1,3
Distribución de electricidade (GWh): 39.282 38.649 1,6
Europa: 25.797 25.857 -0,2
Vendas de electricidade a tarifa 1.988 1.919 3,6
ATR 23.809 23.938 -0,5
América latina: 13.485 12.792 5,4
Vendas de electricidade a tarifa 12.702 12.011 5,8
ATR 783 781 0,3
Puntos de subministración de distribución de gas, en miles (a 30/09): 12.489 12.185 2,5
Europa 5.687 5.664 0,4
América Latina 6.802 6.521 4,3
Puntos de subministración de distribución de electricidade, en miles (a 30/09): 7.672 7.528 1,9
Europa 4.543 4.526 0,4
América Latina 3.129 3.002 4,2
TIEPI en España (minutos) 33 37 -10,8

 

Actividade de Gas:

9M15 9M14 %
Comercialización almacenista (GWh): 210.187 207.356 1,4
España 117.603 121.965 -3,6
Resto vendas de gas 92.584 85.391 8,4
Comercialización retallista (GWh) 22.021 19.220 14,6
Transporte de gas-EMPL (GWh) 82.210 91.901 -10,5

*Inclúe os servizos de ATR en transporte secundario

Actividade de Electricidade

9M15 9M14 %
Enerxía eléctrica producida (GWh): 36.923 36.307 1,7
España: 23.690 22.815 3,8
Xeración:
Hidráulica 2.141

3.410 -37,2
Nuclear 3.326 3.169 5,0
Carbón 5.814 4.174 39,3
Ciclos combinados 10.931 10.490 4,2
Renovable e coxeración 1.478 1.572 -6,0
Global Power Generation: 13.233 13.492 -1,9
México (CC) 11.412 12.301 -7,2
México (eólica) 604 - -
Costa Rica (hidráulica) 266 118 -
Panamá (hidráulica) 45 43 4,7
Panamá (fuel) - 28 -
República Dominicana (fuel) 812 628 29,3
Kenya (fuel) 94 374 -74,9
Capacidade de xeración eléctrica (MW): 14.847 14.551 2,0
España: 12.145 12.122 0,2
Xeración:
Hidráulica 1.954 1.948 0,3
Nuclear 604 604 -
Carbón 2.065 2.065 -
Ciclos Combinados: 6.603 6.603 -
Renovable e coxeración: 919 902 1,9
Global Power Generation 2.702 2.429 11,2
México (CC) 2.035 2.035 -
México (eólica) 234 - -
Costa Rica (hidráulica) 101 51 98,0
Panamá (hidráulica) 22 22 -
Panamá (fuel) - 11 -
República Dominicana (fuel) 198 198 -
Kenya (fuel) 112 112 -

 

Compañía Xeral de Electricidade

9M15
Distribución de gas:
Vendas actividade gas (GWh) 36.715
Puntos de subministración, en miles (a 30/09) 610
Distribución de electricidade:
Vendas actividade electricidade (GWh) 11.955
Puntos de subministración, en miles (a 30/09) 2.906
Transmisión electricidade (GWh) 10.932
GLP:
Vendas almacenistas a terceiros (GWh) 6.141
Vendas a cliente final (GWh) 4.298

Vídeos



Infografías

Infografía 3T Magnitudes

Infografía 3T Plan Estratégico

Infografía 3T EBITDA

Infografía Dividendo 3T ok

Infografía 3T Deuda Financiera

Imaxes

Salvador Gabarró primer semestre