Gas Natural Fenosa empezará a aplicar a regularización das facturas, motivada pola Orde Ministerial IET/843/2012, este mes de agosto. Seguindo a súa política de atención ao cliente, a compañía quere poñer á súa disposición as canles de atención necesarias para calquera dúbida ou consulta que teña ao respecto. Ante a regularización das facturas motivada pola Orde Ministerial IET/843/2012, incluída no BOE n.º 100 do 26 de abril de 2012, Gas Natural Fenosa procederá á refacturación con carácter retroactivo dos consumos comprendidos entre as seguintes datas:

  • 1 de outubro ao 22 de decembro de 2011.
  • 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2012.
  • 1 ao 25 de abril de 2012. A devandita Orde publicouse o 25 de abril e polo tanto deben regularizarse tamén as facturas emitidas no devandito período.
Por que?
A quen afecta?
Como se vai repercutir na factura?
Ata cando recibirei as cotas de refacturación na miña factura?
E se neste período cambiei de comercializadora?
Afectará a suba do IVE?
Como verei o importe das cotas na miña factura?

 

Gas Natural Fenosa reforzou a súa Oficina de Atención ao Cliente para atender de xeito personalizado calquera dúbida, consulta ou xestión sobre a refacturacións dos consumos segundo Orde Ministerial IET/843/2012.