En Naturgy mantemos un compromiso estable de colaboración coa sociedade e en especial co mundo do cine, a través do patrocinio dos principais festivais e salas de proxección de ámbito nacional, unificamos todas as nosas colaboracións vinculadas á cultura cinematográfica baixo o lema “No cine, como na casa”. Patrocinamos, entre outros, o Festival de Málaga Cine Español, o Festival de San Sebastián, o Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya- Sitges Film Festival, o Madrid Premiere Week, os Premios Feroz e o Ciclo Naturgy de Cine Itinerante.

Cinergía

Cinergía é un proxecto de Naturgy que une o mellor cine do noso país coa eficiencia enerxética. Así, coas producións de Cinergía non só te entretés, tamén descobres como facer un uso responsable do teu consumo enerxético.

Festival de San Sebastián

De recoñecido prestixio europeo e internacional, o Festival de San Sebastián é un dos grandes eventos do panorama cinematográfico.

Festival de Cine de Sitges

É por excelencia o festival de cine fantástico e de terror e o seu prestixio está patente tanto a nivel nacional como internacional.

Madrid Premiere Week

Un evento de cine pensado para o gran público. Unha nova forma de achegar o cine á cidade e ao espectador.

Festival de Cine de Málaga

Dedicado a difundir as producións españolas e con vocación de dirixirse a todos os públicos, o Festival de Málaga chegou este ano á súa 15ª edición.

Premios Feroz

A Asociación de Informadores Cinematográficos de España composta por xornalistas e críticos de cine españois crean os Premios Feroz, que terán carácter anual a partir de 2014 e nacen coa intención de converterse na antesala dos Premios Goya®, os grandes premios do cine español.

Cinesa

Naturgy patrocina as 43 maiores salas de cine da rede CINESA. Baixo o reclamo “No cine, como na casa” a compañía fomenta o seu apoio á cultura, a innovación e as novas tecnoloxías.

Ciclo Naturgy de Cine Itinerante

Unha annovadora iniciativa que leva, de forma gratuíta, as producións españolas máis destacadas dos últimos anos a diferentes municipios de España.

Cine Itinerante Naturgy

Festival Internacional de Cine de Cartagena

En 1972, e co nome de Semana Internacional de Cine Naval, naceu o FICC, cuxa intención básica era render homenaxe á tradición marítima da comunidade. Hoxe é un dos certames con máis soleira.

Filmoteca do IVAC

Cada ano, a Filmoteca d’estiu do Institut Valenciá de l’Audiovisual i da Cinematografia (IVAC) organiza diferentes ciclos de cine ao aire libre e en versión orixinal.

Cine Aberto

Durante os meses de verán, as praias de Málaga convértense en salas de cine improvisadas nas que se proxectan películas de todo tipo.

Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Gandules

Gandules invítanos a gozar do cine ao aire libre. Durante os meses de verán ofrécennos películas que, a pesar de ser aclamadas polo público e pola crítica nos principais festivais de cine, non encontraron aínda o seu lugar nos circuítos comerciais.