A Fundación Naturgy é unha institución sen ánimo de lucro fundada en 1992 por Naturgy, que orienta as súas actividades á promoción da información, a formación e a sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía, de forma coherente co respecto e a protección do medio ambiente. Tamén promove actividades culturais a través do seu Museo do Gas, dirixidas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector, e leva a cabo un programa de axuda á exportación dirixido a pequenas e medianas empresas.

A presenza de Naturgy en Europa, América latina e o Magreb deu lugar a que a Fundación tivera xa dende os seus inicios unha aberta vocación internacional. Os países nos que realiza actividades son Alxeria, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, México, Marrocos, Italia, Moldavia e Suráfrica.

Museo do Gas

O Museo do Gas da Fundación Naturgy ten como obxectivo a preservación, a conservación e a difusión do patrimonio histórico dos sectores do gas e da electricidade, así como a exploración do futuro das enerxías e a súa interacción co medio ambiente.

Arquivo Histórico

A Fundación Naturgy dispón dun dos arquivos históricos de empresa máis importante do país, cun fondo documental especializado na industria da enerxía, capaz de relatar a historia económica do país. Orixinado a partir de documentación de principios do século XIX, o Arquivo Histórico conta cun fondo especializado con máis de 3.000 metros de estantes catalogados, exemplo da sensibilidade da compañía por preservar a memoria histórica do sector da enerxía.

Enlaces

  Páxina Web da Fundación

Principios de actuación

Ámbito cultural
Ámbito social e sociolóxico
Ámbito medioambiental
Ámbito científico e tecnolóxico
Ámbito de ensino e formación

 

Contacto Prensa:

prensa@aaturgy.com