O Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética é unha iniciativa da Fundación Naturgy que nace co obxectivo de rehabilitar enerxeticamente os fogares de familias en situación de vulnerabilidade.

É unha iniciativa aberta tamén a calquera persoa interesada en colaborar cunha achega económica, cuxa suma ademais a Fundación igualará. Todas as doazóns irán destinadas a reparar ou mellorar enerxeticamente vivendas de persoas en situación de vulnerabilidade enerxética.

Como funciona

A Fundación Naturgy comprométese a achegar o mesmo importe que os donativos realizados. É dicir, de se realizar unha doazón de 10 euros, a Fundación Naturgy fará outra doazón con esta mesma cantidade.

Quen pode participar?

O fondo está aberto a todo aquel que queira contribuír, xa for un particular, unha empresa, unha asociación ou unha entidade. Os doadores poden achegar a cantidade que queiran (cun importe máximo de 10.000 €).

Como se realiza a doazón?

As doazóns realízanse a través da plataforma de pagamento habilitada

Ligazóns

  Nota de prensa

  Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética

 Imaxes