Francisco Reynés

Presidente Executivo

Nomeamento: 2018

Actual presidente executivo de Naturgy dende febreiro de 2018.

Previamente era vicepresidente executivo e conselleiro delegado de Abertis Infraestructuras, onde se incorporou en 2009. Dende 2015, e ata o seu nomeamento en Naturgy, tamén era presidente do Consello de administración de Cellnex Telecom, onde liderou a súa saída a bolsa.

Previamente á súa etapa en Abertis, foi director xeral de Criteria CaixaCorp, o hólding industrial de “la Caixa”. Dende esta posición levou a cabo a saída a bolsa de Criteria en outubro de 2007.

Empezou a súa carreira profesional no sector automotriz no que estivo a traballar 10 anos, primeiro para o Grupo Volkswagen (en España e Alemaña) e despois para Johnson Controls (en Alemaña, RU, EUA e España). Tamén foi, durante 7 anos, o director xeral de Uniland, unha das compañías cementeiras familiares máis grandes de España.

Ademais destas posicións executivas, ten experiencia como membro de diferentes Consellos de administración de compañías de diferentes países como Sanef, Eutelsat e Boursorama en Francia; Hispasat, Agbar, JCI e Adeslas en España; Arteris en Brasil, VíasChile en Chile; Enfida en Tunes; Southern Cement en RU e Cementos Avellaneda en Arxentina.

Enxeñeiro industrial, especialidade mecánica, pola Universitat Politécnica de Barcelona, e MBA polo IESE, cursou tamén programas de Alta Dirección en EUA e Alemaña.

É presidente do Consello de administración de Naturgy Energy Group, S.A. e presidente da Comisión Executiva.

[

Ramón Adell Ramón
Enrique Alcántara-García Irazoqui
Marcelino Armenter Vidal
Francisco Belil Creixell
Helena Herrero Starkie
Rajaram Rao
Javier de Jaime Guijarro
Pedro Sainz de Baranda
Claudi Santiago
Scott Stanley
José Antonio Torre de Silva