• Esta iniciativa da Fundación GAS NATURAL FENOSA ofrece sesións formativas a familias en situación de vulnerabilidade co obxectivo de axudalas a reducir o seu consumo enerxético e mellorar as condicións nas súas vivendas.
  • A Escola de Enerxía, que conta coa colaboración dos concellos de distintos municipios da Comunidade de Madrid e entidades do Terceiro Sector, visitou 25 poboacións madrileñas durante os últimos meses.
  • Dende a súa posta en marcha en 2017, a Escola de Enerxía formou máis de 5.854 familias e técnicos de entidades do terceiro sector e concellos en toda España grazas ás súas máis de 536 sesións de asesoramento enerxético.  

A Escola de Enerxía da Fundación GAS NATURAL FENOSA, en colaboración cos concellos de distintos municipios da Comunidade de Madrid, formou máis de 1.387 persoas, entre as que se encontran familias en situación de vulnerabilidade enerxética e técnicos de entidades sociais. Grazas a este proxecto formativo, a Escola de Enerxía percorreu, neste ano, 25 municipios madrileños nos que impartiu un total de 64 talleres enfocados ao aforro e consumo eficiente nos fogares.

Nestas sesións, que teñen unha duración de dúas horas e media cada unha, a Fundación GAS NATURAL FENOSA explica como entender unha factura eléctrica, adaptar o consumo ás necesidades reais, aumentar o aforro ou conceptos relacionados co bono social, como quen pode solicitalo e como realizar estes trámites, entre outros.

“O obxectivo da Escola de Enerxía con estas xornadas formativas é explicar aos asistentes conceptos clave sobre o aforro enerxético, así como medidas de doada aplicación nos seus fogares para reducir o consumo”, explicou Almudena Laguillo, responsable da Escola de Enerxía da Fundación GAS NATURAL FENOSA.

Durante o mes de xuño, a Escola de Enerxía impartiu sesións en Madrid no Centro de Servizos Sociais Puerta de Toledo, no Centro de maiores de La Latina e nas Hermanas Hospitalarias.

Unha iniciativa próxima

A Escola de Enerxía é unha das iniciativas que a Fundación GAS NATURAL FENOSA puxo en marcha en 2017, coincidindo co lanzamento do Plan de Vulnerabilidade da compañía enerxética. Esta Escola realiza talleres formativos para traballadores sociais do Terceiro Sector, voluntarios da compañía e familias vulnerables, co obxectivo de explicar conceptos da factura eléctrica, consellos para aforrar en subministracións, trámites enerxéticos, hábitos de consumo ou eficiencia.

Dende o inicio da súa actividade en 2017, a Escola de Enerxía formou máis de 5.854 persoas grazas ás súas máis de 536 sesións de formación en toda España.

A Fundación GAS NATURAL FENOSA

A Fundación GAS NATURAL FENOSA, fundada en 1992 pola compañía enerxética, ten como misión a difusión, formación, información e sensibilización da sociedade en temas de enerxía e medio ambiente. Tamén desenvolve programas de Acción Social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética. No ámbito cultural, promove accións orientadas tanto á preservación e difusión do patrimonio histórico do sector do gas e a electricidade.

                                                      

                                          Madrid, 22 de xuño de 2018.

Notas de prensa por comunidades:

  Cataluña

  Castela e León

  Comunidade Valenciana

  Galicia